Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46255

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda facer pública a relación de candidatos que obtiveron bolsa de estudos ao abeiro da Resolución do 20 de agosto de 2012, pola que se establece a convocatoria do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior e aos seus descendentes para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en centros públicos de Galicia para o curso académico 2012/13.

A Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 20 de agosto de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 163, do 28 de agosto, aproba a convocatoria pola que se rexerá a concesión de bolsas de prórroga para a realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial, en centros públicos de Galicia para o curso académico 2012/13, a través do programa 1 da sección I da Resolución do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Vista a proposta de resolución definitiva efectuada polo órgano instrutor, á vista do informe da comisión seleccionadora, esta secretaría xeral, en aplicación da disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Xunta de Galicia, pola que se desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a resolución das axudas do seu respectivo ámbito de competencia

RESOLVE:

Conceder unha bolsa, segundo a proposta do órgano instrutor, ás persoas relacionadas no anexo I, polo importe que en cada caso se sinala, con cargo á aplicación orzamentaria 04.50.312C.480.0. Accións políticas migratorias, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2012/13, para a prórroga da realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial nalgunha das tres universidades que conforman o Sistema universitario de Galicia durante o curso académico 2012/13.

Denegar a bolsa á persoa relacionada no anexo II polos motivos que se indican.

Publicadas as resolucións, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de 10 días para a súa aceptación. Transcorrido ese prazo sen que se produza manifestación expresa, a axuda entenderase tacitamente aceptada.

Unha vez transcorrido este prazo, a Secretaría Xeral da Emigración procederá ao aboamento do 70 % do importe da bolsa concedida mediante transferencia bancaria. O último pagamento, correspondente ao 30 % restante, farase efectivo de modo similar despois de que o/a bolseiro/a presente na Secretaría Xeral da Emigración, antes do 30 de setembro de 2013 a seguinte documentación:

Certificación académica dos estudos realizados durante o goce da bolsa, en relación co cumprimento das súas obrigacións como bolseiro/a durante os meses da duración da bolsa e ter superados, polo menos, o 50 % dos créditos nos que se matriculou.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o secretario xeral da Emigración no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tamén poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Por suplencia (Decreto 325/2009, do 18 de xuño; DOG número 119, do 19 de xuño)
Manuel Díaz López
Subdirector xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria

Anexo I
Relación de candidatos seleccionados

Apelidos

Nome

DNI ou pasaporte

País

orixe

Ciclo

Universidade

Tipo de bolsa

Importe bolsa

Importe axuda de viaxe

Importe total

1

Castro Rivas

Marisa

47437106-C

Estados Unidos

Título de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 € 

0 €

6.000 €

2

Greco Iglesias

Diamela Mónica

46290322-Q

Arxentina

Título de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 € 

0 €

6.000 €

3

Reyna Muniaín

Facundo

27726751-N

Arxentina

Título de grao

Santiago de Compostela

Prórroga

6.000 € 

0 € 

6.000 €

4

Sanmartín Boullosa

Bárbara

71682149-G

Brasil

Título de grao

Santiago de Compostela

Prórroga

6.000 € 

0 € 

6.000 €

5

Torres Sánchez

Luis Antonio

49332004-V

Venezuela

Título de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 € 

0 €

6.000 € 

6

Vidal Rainho

Caroline

49333722-X

Brasil

Título de grao

A Coruña

Prórroga

6.000 € 

0 €

6.000 € 

Anexo II
Solicitude denegada

Apelidos

Nome

DNI

Pais orixe

Ciclo

Universidade

1

Rodríguez Rubio

Josué Javier

35582256-Z

República Dominicana

Título de grao

A Coruña

Causas de exclusión:

– Non presenta certificado de inscrición no rexistro de matrícula consular (artigo 4.3 da convocatoria).

– Non presenta documentación xustificativa de ter superado o 75 % dos créditos matriculados durante o curso 2011/12 (artigo 4.4 da convocatoria).