Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de novembro de 2012 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Manuel Sánchez Sánchez (concello de Melide). Clave DH.D15.29987.

O 24 de outubro de 2012 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Manuel Sánchez Sánchez pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.k) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e faiselle saber que unha copia dela atópase á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia