Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Val de Camba (Rodeiro).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 207/2008, do 4 de setembro (DOG núm. 181, do 16 setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de xuño de 2012, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que lle serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello de Rodeiro e na zona, durante o prazo de trinta días, de conformidade co establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos, que se poden examinar no concello, refírense á determinación do perímetro, á clasificación de terras, á fixación dos coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas cuxa titularidade se declara formalmente.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo, rúa Fernandez Ladreda, 43, Pontevedra), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 22 de novembro de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra