Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de novembro de 2012 pola que se notifica a resolución de liquidación provisional.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (por disposición do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 18 de maio de 2012, o subdirector xeral) ditou, con data do 7 de novembro de 2012, resolución pola que se acorda a aprobación de liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria a Gloria Sampredo Reiriz das obras de demolición derivada da executoria 496/2005 no lugar da Illa de Ons, termo municipal de Bueu, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

(Por disp. do conselleiro de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas do 18 de maio de 2012)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística