Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza en centros de Ourense cidade (AB-EIO1-12-003).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos, Sección de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Sección de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo; rúa Ramón Puga, nº 52-baixo.

3) Localidade e código postal: 32005, Ourense.

4) Teléfono: 988 38 57 02.

5) Telefax: 988 38 50 08.

6) Correo electrónico: contrataciones.chou@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIO1-12-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza en centros de Ourense-cidade, dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: nas instalacións dos centros peticionarios vinculados ao procedemento. Véxase o punto 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 90910000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.639.830,51 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 728.813,56 euros. Importe total: 881.864,40 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: grupo U, subgrupo 1, categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse os puntos 16 e 17 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26.12.2012. Se o último día de presentación ou envío de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, este prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2) Enderezo: Edificio Administrativo; rúa Ramón Puga, nº 52-baixo.

3) Localidade e código postal: 32005, Ourense.

4) Enderezo electrónico: contrataciones.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Localidade e código postal: 32005, Ourense.

c) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil de contratante (http://www.sergas.es).

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do adxudicatario. O importe máximo estimado indícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.11.2012.

12. Outras informacións:

a) Publicación anterior: anuncio de información previa no DOUE 2012/S 137-228930, do 19 de xullo de 2012.

Ourense, 26 de outubro de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras