Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45997

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 241/2012, do 5 de decembro, polo que se dispón que cese María Amparo González Méndez como directora xeral de Promoción do Emprego.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese María Amparo González Méndez, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como directora xeral de Promoción do Emprego, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar