En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,
DISPOÑO:
Que cese Odilo Martiñá Rodríguez, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como director xeral de Relacións Laborais, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar