Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45998

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 242/2012, do 5 de decembro, polo que se dispón que cese Ana María Díaz López como directora xeral de Formación e Colocación.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese Ana María Díaz López, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como directora xeral de Formación e Colocación, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar