Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45992

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 236/2012, do 5 de decembro, polo que se dispón que cese José Carlos García Bouzas como director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese José Carlos García Bouzas, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza