Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 45993

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Facenda

DECRETO 237/2012, do 5 de decembro, polo que se dispón que cese Miguel Corgos López-Prado como director xeral de Orzamentos.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese Miguel Corgos López-Prado, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como director xeral de Orzamentos, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda