Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de licitación de contrato de servizo de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

Enderezo: rúa do Concello, O Pedrouzo, Arca, 15821 O Pino (A Coruña).

Teléfono: 981 51 10 02. Fax: 981 51 11 23. Perfil de contratante: concellodeopino.com

2. Obxecto do contrato: contrato de servizo de axuda no fogar.

3. Tramitación do procedemento: procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 12,50 €/hora sen IVE, ata un máximo de 80.000 €.

5. Garantías exixidas: definitiva, 4.000 €.

6. Duración: a duración será desde a súa sinatura ata que se acade o límite orzamentario.

7. Presentación de ofertas: no prazo de quince (15) días contados desde o último anuncio publicado. Exporanse anuncios no BOP, no DOG e no perfil de contratante.

8. Apertura de plicas: o segundo (2º) día hábil posterior ao da finalización do prazo de presentación.

O Pino, 13 de novembro de 2012

Manuel Taboada Vigo
Alcalde