Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública para o contrato de subministración dun camión con guindastre de carga.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración, mediante aluguer con mantemento (renting) dun camión con guindastre de carga.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución (meses): 36.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinario.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo (sen IVE): 124.486,56 € ; IVE 21 %: 26.142,18 € ; Total: 150.628,74 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 15 días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 e seguintes do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. Anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre «C»: Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa, (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo IA) do prego, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será a cargo do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego.

Vilagarcía de Arousa, 5 de novembro de 2012

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde