Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-59/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-59/2012.

2. Obxecto do contrato: vixilancia e outros servizos de natureza polivalente dos centros cívicos de Monelos e A Silva. Duración: dous anos prorrogables por un máis.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 86.815,14 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no tablón de anuncios de contratación e/ou perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública