Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Fina, número 5871, en Mondoñedo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo fai saber que por resolución do director xeral de Industria, Enerxía e Minas, do 4 de febreiro de 2010, se outorgou a Ornamentales Lugo, S.L. a concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Fina.

Número de expediente: 5871.

Recurso: lousa.

Termo municipal: Mondoñedo.

Superficie: unha (1) cuadrícula mineira.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 19 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo