Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a vixilancia e a seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17503

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 99, do 25 de maio de 2012.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizo.

Descrición: vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 406.779,66 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 2 de outubro de 2012.

b) Data da formalización do contrato: 24 de outubro de 2012.

c) Contratista: Vigilancia Integrada, S.A.

d) Importe de adxudicación: 357.606,40 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria