Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á empresa Pontevex, S.L. os requirimentos de documentación no expediente da concesión de explotación denominada Estrella 2489.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Pontevex, S.L. requirimento de documentación no expediente da concesión de explotación Estrella nº 2489.

Comunícase que o dito expediente está á súa disposición, no prazo de quince (15) días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra