Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de comercio IN635CSANCCOM2012/3-3.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se relaciona no anexo, que se achega a resolución de expediente sancionador, por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, e da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, nas contas restrinxidas que constan no devandito boletín, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido ese prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Ourense, 16 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: IN635CSANCCOM2012/3-3.

Titular do establecemento: Ancho 10, S.L.

DNI/NIF/CIF: B54560867.

Último enderezo coñecido: rúa Sáenz Díez, 83, 32003 Ourense.

Artigos infrinxidos: artigos 47.d) e 10.7 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, e artigo 3 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.

Tipificación: tres infraccións leves.

Sanción imposta: dous apercibimentos e unha multa de 300 euros.