Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2008/253-2, 7302 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: desvío de liña de media tensión e rede de baixa tensión en Naseiro.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

– Reforma da LMT Centrales, consistente na instalación de dous apoios metálicos, nos cales se colocan dous pasos aéreos a soterrados, entre os cales se soterra a liña.

– LMTS, entre os novos apoios proxectados, cunha lonxitude de 152 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

– RBTA con orixe no CT Naseiro (11132) formada por dous circuítos en condutor tipo RZ.

– Reforma da rede de baixa tensión aérea do CT Naseiro (11132) consistente no soterramento dun tramo aéreo.

– RBTS para soterramento do tramo afectado pola rede aérea.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo