Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Oroso e Trazo (expediente IN407A 199/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS nova saída subestación Sigüeiro e enlace con LMT SCY-822.

Situación: concellos de Oroso e Trazo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea nova saída Subestación Sigüeiro, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,650 km, con orixe na subestación Sigüeiro (expediente 468/05), condutor tipo RHZ1-2OL(S)-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en apoio proxectado baixo a LMTA existente denominada actualmente SCY-804.

Liña eléctrica de media tensión aérea reforzo antiga SIG-804, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,011 km, con orixe en apoio proxectado baixo a LMTA existente, condutor tipo LA 56/54,6 mm2, e final en apoio nº 88 existente.

Liña eléctrica de media tensión subterránea enlace SIG-804 e SCY-822, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,612 km, con orixe en apoio proxectado baixo a LMTA existente (actual SCY-804), entre CT Pedrouzo-Trazo (expediente 52772) e o CT Breixo (expediente 32237), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final en apoio proxectado en substitución do existente nº 72 da LMTA existente (SCY-822), entre a derivada ao CT Rego de Gatos (expediente 51165) e o CT Gonselle (expediente 51580).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña