Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45785

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 16 de novembro de 2012 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, prevé, no seu artigo 232, modificado pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, a creación do Xurado de Expropiación de Galicia, como órgano colexiado permanente da nosa Comunidade Autónoma especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

O dito precepto establece, entre outros aspectos, a composición dese xurado, que foi desenvolvida mediante o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, aprobado mediante Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

O artigo 4.7 deste regulamento establece que dos vogais comprendidos nas alíneas c), d), e) e f) do número 2, e respecto da composición do xurado, distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, queda prevista a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

O artigo 4.8, parágrafo 2 deste regulamento establece que os vogais a que se refire o parágrafo anterior poderán ser substituídos polas entidades, organizacións e asociacións que os designasen, e os así nomeados permanecerán no seu cargo, como máximo, durante o tempo que lle restase ao substituído para o cumprimento do seu mandato.

En virtude da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia (publicada no DOG nº 80, do 29 de abril) realizouse o nomeamento de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. O Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e polo período que lle corresponde por tempo de mandato, achegou solicitude de cambio de representante da institución e unha nova proposta de nomeamento de representantes do organismo/entidade mencionada.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Noméanse as persoas que se relacionan no anexo como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia segundo o disposto no artigo 4.2.f) do Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

1. En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia:

Titular: Manuel Lara Coira.

Suplente: Bruno de Miranda Santos.