Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45790

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2012

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co artigo 96.2 e a disposición derradeira primeira.vinte da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional por medio de calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se recollen, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 1 de outubro de 2012

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda e Administracións Conselleiro de Presidencia,
Públicas Administracións Públicas e Xustiza