Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (116/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 116/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Fernández Corras contra a empresa Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Ao non proceder a empresa Medicampo Productos Veterinaria, S.L. á readmisión do traballador José María Fernández Corras, como así se acordou en sentenza de data 19.4.2012, é procedente substituír a obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Medicampo Productos Veterinaria, S.L., e polo dito concepto, a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.132,81 euros (dous mil cento trinta e dous con oitenta e un céntimos de euro). Igualmente, debo condenar e condeno a referida empresa a que lle aboe ao traballador José María Fernández Corras polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data desta resolución, incluída a cantidade de 9.702,99 euros (nove mil setecentos dous con noventa e nove céntimos de euro).

Declárase extinguida a relación laboral que unía o traballador José María Fernández Corras e a empresa Medicampo Productos Veterinaria, S.L. desde a data da presente resolución».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 9 de novembro de 2012

O secretario xudicial