Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (466/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 466/2012, por instancia de Ana María García Couceiro contra a empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 23 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Ana María García Couceiro contra a entidade Edificaciones Parque Corintio, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que unía a demandante coa empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L.

– Condénase a empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de dous mil seiscentos catro euros con corenta e dous céntimos (2.604,42 euros) en concepto de indemnización, e trece mil douscentos setenta e sete euros con oitenta e un céntimos (13.277,81 euros) en concepto de salarios debidos. Os conceptos salariais desta última cantidade o 10 % do xuro moratorio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Edificaciones Parque Corintio, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial