Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45701

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (604/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 604/2010, por instancia de Dahiana Lorena Rodríguez Guido contra a empresa Kampa, S.C. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 27 de xullo de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Dahiana Lorena Rodríguez Guido, e declaro o dereito da demandante a percibir, en concepto de salarios non pagados, a cantidade de 2.335,66 euros, máis os xuros do 10 % por mora, condenando a empresa Kampa, S.C. a se ater a esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco (5) días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta ...

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta ...

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Kampa, S.C., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial
Rubricado