Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45700

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (997/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 997/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Fuentefría Casal contra a empresa Conszoa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

A Coruña, 8 de novembro de 2012

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, comparece José Ángel Fuentefría Casal, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, e doutra, como demandada, Conszoa, S.L. (Grupo Empresarial Lomba, S.L.), que non comparece malia estar citada legalmente.

Decido que, estimando a demanda formulada por José Ángel Fuentefría Casal fronte á empresa Conszoa, S.L., condeno a empresa demandada a lle aboar a cantidade de 2.466,52 euros que lle debe.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Conszoa, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2012

O secretario xudicial