Antecedentes.
A escola Amarras solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (ENAL).
Consideracións legais e técnicas:
1. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regula a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).
2. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVE:
Recoñecer a escola Amarras como escola de navegación de lecer (ENAL) que, segundo o artigo 7 da citada orde, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.
Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer desta Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro de:
Amarras Servicios Náuticos Integrais, S.L., con sede das instalacións na avenida de Cataluña, nº 20, oficina 1, Narón, 15578 A Coruña, e inscrita co número de rexistro XGEN044.
A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, seguimento, control e inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte á publicación no DOG da presente resolución y deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.
A escola inscrita está obrigada a comunicarlle ao Rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, así como a substitución do instrutor ou o cambio da embarcación de prácticas.
Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e ser anulada a súa inscrición no rexistro, por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres anos. A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro