Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para impartir ensinanzas especializadas para a obtención de titulacións menores profesionais náutico-pesqueiras, actuación cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, programa operativo FSE Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 72. (Expediente 20/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: impartir ensinanzas especializadas para a obtención de titulacións menores profesionais náutico-pesqueiras.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17615

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 131, do 10 de xullo de 2012.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 290.521,42 €; importe total: 290.521,42 € (IVE exento).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 7 de novembro de 2012.

b) Adxudicataria: Salvamento e Contraincendios, S.L. (CIF: B15558257).

c) Importe: 289.350 € (IVE exento).

d) Data de formalización do contrato: 7.11.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar