Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se empraza ás empresas Excarpri, SA e Euteco, S.L. no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 53/2012 interposto pola empresa Centro de Castilla y León, S.A.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, parcialmente modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola presente resolución notifícaselles ás empresas Excarpri, S.A. e Euteco, S.L. o emprazamento no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 53/2012 interposto pola empresa Centro de Castilla y León, S.A.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ao recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 53/2012, interposto pola empresa Centro de Castilla y León, S.A. contra a Resolución do 22 de novembro de 2011, da Consellería de Traballo e Benestar, e ditada no expediente sancionador na orde social nº 2001/0001-0; acta de infracción nº 18/2001/2/H.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, polo que se notifica e empraza as empresas Excarpri, S.A. e Euteco, S.L. para que nun prazo de nove (9 días), contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, se o consideran conveniente, poidan comparecer nos autos mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. Sese presentaren fóra do indicado prazo, teranse como parte, sen que por iso deba retrotraerse nin interrompirse o curso do procedemento, e se non compareceren oportunamente, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que teña que se lles practicar notificación de clase ningunha.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais