Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: anexo I ao modificado I de LMT, CTC e RBT Ermida.
Situación: concello de Teo.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión aérea (LMTA), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,347 km, coa orixe na LMTA existente en apoio de entroncamento a CT Luci (expediente IN407A 1998/043), con condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final en apoio de fin de liña proxectado, onde se colocará un paso aéreo-subterráneo.
Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,780 km, coa orixe en apoio de fin de liña proxectado, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final no C.T. Hermida proxectado.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 25 de outubro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña