Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 196/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: subestación das Somozas 132 kV, ampliación MT.

Situación: concello das Somozas.

Características técnicas:

Ampliación do actual parque de 20 kV da subestación das Somozas, mediante unha nova posición de liña 20 kV, formada por:

Cela simple barra con protección de liña SIEMENS/ISOWAT modelo N×PLUS-C. Equipada con:

Seccionador tripolar de barras con tres posicións: aberto, cerrado e posta á terra para mantemento, 1000 A, 25 kA.

Tres transformadores de intensidade 200-400/5-5A.

Tres terminais enchufables cable illado para conexión a cable unipolar illamento seco 12/20 kV.

Transformador toroidal de intensidade abrible 60/1A sobre os tres cables unipolares da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña