Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 8 de novembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-01463-O-2012 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 8 de novembro de 2012

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-01463-O-2012

0766-DBZ

Garda Civil

4401 C18538W

Amparo Noguera Fuentes

34796854-Q

R/ Iglesia, 33, 30833 Murcia

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 10 horas). Máis de 10 h a 10.30 h.

8.6.2012; 22.45; A-23; 92,00

Art. 142.3 LOTT,

art. 199.3 ROTT

Art. 201.1.c) ROTT,

art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-01598-O-2012

9632-BGG

Garda Civil

2702 U89694K

José Manuel Otero Reguera

33849609-A

Agro da Torna, 1-4º esqda.,

27002 Lugo

Non levar no tacógrafo a folla de rexistro ou tarxeta de condutor durante a prestación do servizo ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou en caso de que esta non conste no seu poder.

11.9.2012; 12.20; A-6; 450,00

Art. 140.22 LOTT,

art. 197.22 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT, art. 201.1.h) ROTT

3.301 euros

LU-01599-O-2012

9632-BGG

Garda Civil

2702 U89694K

José Manuel Otero Reguera

33849609-A

Agro da Torna, 1-4º esqda.,

27002 Lugo

Manipulación do tacógrafo.

11.9.2012; 12.20; A-6; 450,00

Art. 140.10 LOTT,

art. 197.10 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT, art. 201.1.i) ROTT

4.601 euros

LU-01610-O-2012

2004-GLM

Garda Civil

2701 C30220X

Liu Aibo

X3930479D

Ribeira, 2-3º B, 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 15 % ata o 25 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 16 %

15.9.2012; 7.17; N-VI; 501,300

Art. 141.4 LOTT,

art. 198.4 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.551 euros

LU-01619-O-2012

3470-HGG

Garda Civil

3904 Y86946B

Francisco Pires Fernández

33692152-G

Estrada xeral, s/n, 27790 Barreiros (Lugo)

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso semanal obrigatorio. Menos de 41 h ata 36 h.

12.4.2012; 17.12; A-8; 273,00

Art. 142.3 LOTT,

art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

400 euros

LU-01716-O-2012

1376-BXL

Garda Civil

2701 E70372V

Altogalicia, S.L.

B15740467

Pg. Tambre-Vía Edison, 50

15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario para vehículos lixeiros de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 LOTT. (*)

7.8.2012; 9.28; N-540; 13,500

Art. 141.31 LOTT,

art. 140.1.6 LOTT,

art. 197.1.6 ROTT,

art. 198.31 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT, art. 201.1.f) ROTT

1.501 euros