Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de construción dun punto limpo no concello de Mos.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2/2012 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17391

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de construción dun punto limpo no concello de Mos (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 226.270,67 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 226.270,67 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11.10.2012.

b) Data de formalización do contrato: 25.10.2012.

c) Adxudicatario: Vipeca, Obras y Servicios, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 198.099,95 €; importe total con IVE: 239.700,94 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas