Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 9 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000347-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar en Vigo, r/ Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000347-5.

Denunciado: Jacobo Besada Castro.

DNI: 77417635-A.

Enderezo: Rafael Picó, 1, 2º A, Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.5.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000411-5.

Denunciado: José Fernández Reguera.

DNI: 35390815-W.

Enderezo: Agrolongo, 5, Pepín, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.D.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000412-5.

Denunciado: José Luis Garrido Gómez.

DNI: 44079737-F.

Enderezo: Santa Margarida, 15, Mourente, Pontevedra.

Precepto infrinxido: 137.D.5.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000546-5.

Denunciado: Fernando Durán Durán.

DNI: 35455804-Q.

Enderezo: rúa do Vao, 153, A Illa de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2 e 137.B.13.

Sanción: 439 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita xefatura de coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 9 de novembro de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra