Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 15 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Portatón ou Coto Grande, a favor dos veciños da parroquia de Lamas, no concello de Leiro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar con data do 10 de outubro de 2012, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Leiro.

Denominación do monte: Portatón ou Coto Grande.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Lamas.

Superficie total: 0,8638 ha.

A superficie en clasificación, segundo o informe técnico previo do Servizo de Montes, atópase distribuída nas seguintes parcelas:

Parcela 305, polígono 006. Referencia catastral 32041A006003050001LP.

Superficie: 0,1424 ha.

Estremas:

Norte: camiño público. Sur e oeste: monte comunal de Corneira. Leste: camiño público; Luisa Barreiro, (parcelas 234, 235, 236 do polígono 006), herdeiros de Albino Fernández (parcela 237 do polígono 006), herdeiros de Sergio Rodríguez (parcela 012 do polígono 006) e Celso Pérez Rodríguez (parcela 015 do polígono 006).

Nesta parcela figuran encravados cinco cabazos ou hórreos (280, 281, 282, 296 e 306 do polígono 006) de 0,003 ha en total.

Parcela 315, polígono 005. Referencia catastral 32041A005003150001LS.

Superficie: 0,2558 ha.

Estremas:

Norte: monte comunal de Corneira; José Barreiro Pérez (predio 53 do polígono 005); Luisa Barreiro Barreiro (predios 50, 51 e 52 do polígono 005); sur e leste: camiño público. Oeste: monte comunal de Corneira.

Nesta parcela figuran encravados una construción (parcela 314 polígono 005) de 0,007 ha e 4 cabazos ou hórreos (316, 317, 318 e 319 do polígono 005) de 0,004 ha en total.

Parcela 304, polígono 005. Referencia catastral 32041A006003040001LQ.

Superficie: 0,3097 ha.

Estremas:

Norte: camiño público; herdeiros de Alfonso Barreiro Barreiro (predios 238 e 011 do polígono 006), Faustino Barreiro Pérez (predio 240 do polígono 006), Rafael Rodríguez Fernández (predios 239 e 241 do polígono 006) e herdeiros de Cándido Pérez Álvarez (predio 242 do polígono 006). Sur: monte comunal de Corneira e camiño público; leste: herdeiros de Fidel Rodríguez (predio 243 do polígono 006), Luisa Barreiro (predio 297 do polígono 006), Josefa González (predio 244 do polígono 006), José Otero Rial (predio 021 do polígono 006), Celso Pérez Rodríguez (predio 250 do polígono 006), herdeiros de Rudesinda González (predio 251 do polígono 006) e herdeiros de Albino Fernández (predio 030 do polígono 006). Oeste: monte comunal de Corneira.

Nesta parcela figuran dous encravados (parcela 279 do polígono 006) con 0,07 ha e (parc. 028 do polígono 006) de 0,09 ha e trece cabazos ou hórreos (283, 284, 285, 286, 287, 288, 289, 290, 290, 291, 292, 293, 294 e 295 do polígono 006) de 0,006 ha en total.

Parcela 311, polígono 005. Referencia catastral 32041A00600311001LF.

Superficie: 0,1559 ha.

Estremas:

Norte: camiño público e José Luis González Rodríguez (predios 037 e 038 do polígono 006). Sur: Miguel Rodríguez (predio 37 do polígono 006). Leste: Benita Pérez (predio 38 do polígono 006) e Verísimo Souto (predio 39 do polígono 006). Oeste: camiño público.

Nesta parcela non figuran encravados.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 15 de novembro de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense