Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1222/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1222/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luz Millares Álvarez contra a entidade Katedra Profesional, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Luz Millares Álvarez contra Katedra Profesional e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle á demandante 997,50 euros, cantidade que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Katedra Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial