Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45426

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (233/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 233/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Ramón Vázquez Maneiro contra as entidades Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., Promociones Pisara, S.L., Andrea Quinta y Asociados, S.L. e o Fogasa, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que, aceptando parcialmente a demanda de despedimento interposta polo demandante José Ramón Vázquez Maneiro contra as empresas demandadas Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., Promociones Pisara, S.L., Andrea Quinta y Asociados, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), debo declarar e declaro o despedimento improcedente e condeno as empresas demandadas a estar e pasar por esta declaración e a Frigoríficos Riveira Mar, S.L. a que opte, no prazo de cinco días a contar desde a notificación desta resolución, entre readmitir de inmediato o demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, ou ben a extinción da relación laboral con aboamento dunha indemnización correspondente a 45 días de salario por ano de servizo prestado ata a data do despedimento, na cantidade de tres mil oitenta e catro euros (3.084 euros) e, en ambos os dous casos, a que se lle aboen ao demandante os salarios percibidos desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de once mil trescentos vinte e oito euros, máis o haber diario de 48 euros ata a súa reincorporación. Absolvo as demais empresas demandadas dos pedimentos de demanda. Sen prexuízo da responsabilidade legal do Fogasa para o suposto de declaración de insolvencia da empresa condenada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime publico de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto nº 5076 0000 65 0233 12, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoo a este xulgado no anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á codemandada Congelados y Elaborados Bahía de Cádiz, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A secretaria xudicial