Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, que declara a inadmisión por extemporáneo do recurso de alzada interposto por Unión Fenosa contra a Resolución desta xefatura territorial do 4 de febreiro de 2010, no expediente 184.

Por medio desta cédula notifícase a Ricardo Basdediós Padín a Resolución desta consellería do 19 de outubro de 2012, que declara a inadmisión por extemporáneo do recurso de alzada interposto por Unión Fenosa Distribución, S.A. contra a Resolución desta xefatura territorial do 4 de febreiro de 2010, recaída no expediente 184.

Intentada a notificación da dita resolución, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselle ao interesado o contido da resolución para que poida ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírteselles aos interesados que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992 xa citada, poderán interpoñer contra a resolución ditada, que é definitiva en vía administrativa, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, no prazo de dous meses contados desde o seguinte á súa notificación, e sen prexuízo de que os recorrentes poidan exercer calquera outro que considere oportuno.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 15 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra