Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/272-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Cantoña, S.L.

Domicilio social: A Igrexa, 10, Entenza, 36713 Salceda de Caselas.

Denominación: CIM interconexión Lira con Sestelo (1ª fase).

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: instalación dun paso aereosubterráneo desde o CS de Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A., e 10 de condutor RHZ para acometida ao CIM proxectado. Centro de interconexión e medida, cun trafo de 100 kVA, RT 20 kV/230-400 V, unha cela entrada liña, unha cela interruptor automático con seccionador, unha cela de medida, unha cela de liña e unha cela de protección transformador. A instalación está situada en Oliveira, San Mateo, Ponteareas e servirá de Punto Fronteira entre Eléctrica de Cantoña, S.L. e Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra