Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

RESOLUCIÓN relativa á execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, do 30 de outubro de 2008 (PERI 22.1).

Antecedentes.

1. O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (BOP nº 170, do 26 de xullo de 2003 e DOG nº 147, do 31 de xullo de 2003), en diante PXOM.

2. Con data do 16 de setembro de 2005, apróbase o Plan Especial de Reforma Interior 22.1 (BOP nº 249, do 29 de outubro de 2005), en diante PERI 22.1.

3. Contra o PERI 22.1 Ignacia Paradelo Diéguez e outros interpoñen recurso contencioso-administrativo nº 004547/2005.

4. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en sentenza do 30 de outubro de 2008, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, estima parcialmente o recurso interposto.

5. A Xunta de Galicia recorre en casación contra a sentenza anterior, sendo desestimado o recurso polo Tribunal Supremo, en sentenza do 12 de decembro de 2011, Sala do Contencioso-Administrativo, recurso de casación 560/2009.

Consideracións legais e técnicas.

1ª Dispón o artigo 103.2 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA) que todas as partes están obrigadas a cumprir as sentenzas nas formas e termos que estas consignen. O artigo 104.1 da mesma lei indica que, logo de ser firme unha sentenza, o secretario xudicial o comunicará, nun prazo de dez días, ao órgano que realizou a actividade obxecto de recurso, co fin de que no mesmo prazo, contado desde a recepción, a leve a efecto.

2ª Dispón o artigo 72 da LXCA que as sentenzas firmes que anulen unha disposición xeral, como é o caso do plans de urbanismo, terán efectos xerais desde o día en que sexa publicado o seu ditame e preceptos anulados no mesmo diario oficial en que o foi a disposición anulada.

3ª De conformidade co disposto no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local

RESOLVO:

1º Executar, no seus propios termos, o ditame da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 30 de outubro de 2008, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, recurso contencioso-administrativo nº 004547/2005, cuxo teor literal é o seguinte:

«Estimar parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Ignacia Paradelo Diéguez e outros contra o acordo do Pleno do Concello do Barco de Valdeorras, do 16 de setembro de 2005, polo que se dá aprobación definitiva ao Plan Especial de Reforma Interior do solo urbano non consolidado 22.1.

Anulamos o PERI e o PGOM en canto inclúen no ámbito do PERI solo urbano consolidado. Sen facer especial condena en custas».

2º Declarar, conforme o ordenado pola sentenza, nulo e sen efectos o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) 22.1 e o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) en canto inclúe no ámbito do PERI solo urbano consolidado.

3º Proceder á publicación da presente resolución no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

4º Dar traslado desta resolución á Sección Segunda, Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O Barco de Valdeorras, 31 de outubro de 2012

Alfredo L. García Rodríguez Jesús Tallón García
Alcalde Secretario