Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44825

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4270/2009 VV).

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación número 4270/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 996/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Galiplac, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, con data trinta e un de outubro de dous mil doce ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Nacional da Seguridade Social, e acollendo o interposto pola Mutua Gallega demandante, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, no particular relativo a declarar tamén a responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS polas prestacións que se reclaman en demanda derivadas de enfermidade profesional, e que ascenden a 242,65 €, e mantemos integramente os restantes pronunciamentos que a decisión impugnada contén. Sen custas.

Notifíqueselles esta solución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Galiplac, S.L., con último domicilio coñecido en Arenal, s/n, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de outubro de 2012

A secretaria