Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Louredo-Eirexe, no concello do Saviñao (expediente 025/2008 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE número 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT, CT e RBT Louredo-Eirexe.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 478 m, con orixe nun apoio de formigón existente da LMT CHA8059342, nº 0 no proxecto, en condutor LA 56, e final no apoio proxectado nº 5, sobre apoios de formigón (4) y metálicos (1).

2. Centro de transformación intemperie en Eirexe, sobre apoio de formigón, de 100 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea con orixe no centro de transformación Eirexe, de 642 m en condutor RZ sobre apoios de formigón (11).

4. Rede de baixa tensión soterrada no contorno da igrexa parroquial de Louredo.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE número 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contando desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir os posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puider realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Ref. Catastral

Lugar

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml. aér.

m2 aér.

3

31

452

Lagoelas

Prado

Mª Carmen Rodríguez López

Trav. de Vigo nº 148, 6º B, 36206 Vigo, Pontevedra

1(1/2)

4.5

6.0

169.0

8

124

28

Traque

Labor

Fe Rodríguez Rodríguez

Paseo Universal nº 63, 1º 4ª P, 08031 Barcelona

5.0

56.0

10

124

21

Lagoelas

Prado

Olga Carballo Rodríguez

R/ Progreso nº 29, 27540 Escairón (O Saviñao), Lugo

3(1/2)

1.0

65.0

610.0

11

124

146

Lagoelas

Labor

Teresa Digna Vilariño Doutón

R/ Ponte da Virxe nº 7, 27400 Monforte de Lemos, Lugo

54.0

499.0

14

124

153

Lagoelas

Prado

Olga Carballo Rodríguez

R/ Progreso nº 29, 27540 Escairón (O Saviñao), Lugo

77.0