Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/83-2, 8051 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT Gallopiños e RBTS para edificio de vivendas Os Gallopiños en avda. de Viveiro.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar o CT proxectado entre o CT Dunas de LLas e o CS Gadis, cunha lonxitude de 250 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

CT Gallopiños proxectado en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

RBTS con orixe no CT Gallopiños proxectado e final na BTV do edificio e en tres pasos aéreos a soterrados, cunha lonxitude de 115 metros de condutor tipo RV-240 e 20 metros en condutor tipo RV-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo