Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 28 de novembro de 2012 Páx. 44858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2012/84-2, 8052 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS, CT, r/ Frei Luis de Granada, 8.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas: LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña SAR807 o CT proxectado entre o CT 27CT30 e o CT 27CS15, cunha lonxitude de 18 metros, en condutor RHZ1-240.

CT r/ Frei Luis de Granada 8 en edificio non prefabricado compacto de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo