Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44723

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan especial de reforma interior en desenvolvemento da área de repartición 57 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 5 de xullo de 2012, acordou aprobar definitivamente a modificación do Plan especial de reforma interior en desenvolvemento da área de repartición nº 57 do PXOM da Illa de Arousa, tramitado pola Xunta de Compensación da citada área.

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 92.2 e 3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, facendo constar neste anuncio o traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran.

A Illa de Arousa, 1 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde