Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO polo que se fai público o trámite de audiencia aos interesados na expropiación de terreos para a apertura dunha rúa.

Na sesión plenaria celebrada con carácter ordinario o pasado 26 de outubro de 2012, aprobouse, inicialmente, a relación dos propietarios e titulares de dereitos afectados polo procedemento de expropiación urxente dos bens e dereitos necesarios para a apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero no seu encontro coa rúa Pintor Francisco Creo, cuxa ocupación se considera necesaria desde o punto de vista urbanístico, de mellora das comunicacións e de seguridade viaria.

En cumprimento do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, faise pública a dita relación co fin de que, dentro do prazo dos quince días seguintes ao de inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do Concello e xornal El Correo Gallego, os que se consideren interesados no procedemento poidan presentar cantos datos poidan permitir a rectificación de erros padecidos na relación que se fai pública e presentar, se é o caso, alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición daqueles.

O expediente obxecto desta información atópase depositado no departamento de Secretaría deste concello, e poderase consultar durante o horario de oficina.

As publicacións referidas, particularmente o anuncio no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de editos do Concello, servirán de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou doutros dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens que se van expropiar que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica de notificacións, de acordo co previsto nos artigos 58 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Se, efectuada a referida publicación, non comparecen os propietarios descoñecidos, entenderanse as dilixencias co Ministerio Fiscal.

A relación de propietarios obxecto de expropiación dos predios necesarios para a apertura da citada rúa, conforme o proxecto expropiatorio que figura no expediente, é a que se reflicte a continuación:

– Parcela situación: rúa Irmáns Labarta,11 Noia.

– Superficie que se vai expropiar: 470 m2.

– Referencia catastral: 9173201NH0397S0001LO.

– Propietarios:

César Eduardo Labarta Vélez.

Dolores Antonia Labarta Fernández.

Fernando Labarta Vélez.

María Paz Eugenia Águeda Labarta Fernández.

Jaime Labarta Vélez.

Sara Gloria María Labarta Fernández.

José María Labarta Vélez.

Ángel Eugenio Labarta Lumeras.

María Pilar Vélez Hijas.

Manuel Ignacio Labarta Lumeras.

Eugenia Labarta Rodríguez-Maribona.

María Cristina Labarta Lumeras.

María Paz Labarta Rodríguez-Maribona.

Cándida Labarta Carreño.

Elisa Labarta Carreño.

Juan Ángel Labarta Carreño.

Joaquín Labarta Carreño.

César Eugenio Labarta Carreño.

María Luz Labarta Carreño.

María José de la Paz Labarta Carreño.

Mercedes África Labarta Carreño.

Joaquín Labarta Carreño.

Sara María Labarta Carreño.

José Luis Labarta Carreño.

Eugenio Santiago Silvestre Labarta Fernández.

Noia, 31 de outubro de 2012

Rafael García Guerrero
Alcalde