Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO polo que se fai público o nomeamento de tres funcionarios de carreira da Policía Local deste concello.

Por Decreto da Alcaldía do 15 de outubro de 2012 resolveuse outorgar nomeamento como funcionarios de carreira a favor de José Manuel Abuín Abuín, Lucía Couto Fernández e José Gregorio Gómez González, para ocuparen tres prazas de Policía Local do corpo da Policía Local do concello de Ribeira (escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e os seus auxiliares, grupo C1), incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2010.

O que se fai público para os efectos oportunos e de conformidade coa normativa de aplicación.

Ribeira, 15 de outubro de 2012

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde