Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun supermercado neste concello.

Distribuciones Froiz, S.A. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de supermercado (anexo I do Decreto 133/2008) que se situará en Cidade de Vigo, 4 baixo, Baiona. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Baiona, 7 de novembro de 2012

Jesús Vázquez Almuiña
Alcalde