Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44644

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3720/2009 MCR).

Secretaría: Mª Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións 3720/2009 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 950/2006 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Miguel Martínez Fernández, Construcción Suárez Agra, S.A., sobre xubilacion, con data 19.10.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos: non admitir, por razón da contía, o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 13 de maio de 2009, en autos número 950/2006, cuxa firmeza declaramos.

Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución cabe recurso de queixa ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o artigo 195.2 LRXS.

Así, por este auto, o pronuncian, mandan e asinan comigo, secretario da Sala, que dou fe».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Construcción Suárez Agra, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de outubro de 2012