Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/36-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Cie Galfor, S.A.

Domicilio social: polígono industrial, rúa 2, s/n, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: liña de 132 kV a subestación Galfor.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 1.400 m con condutor RHZ1 (1×400) Al 76/132 kV, con orixe na subestación San Cibrao das Viñas e remate na subestación Cie Galfor (proxectada noutro expediente).

Orzamento: 447.352 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 5 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense