Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 27 de novembro de 2012 Páx. 44694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 191/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de LMT, CM Sartego, 27.

Situación: concello de Fene.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,300 km, coa orixe en PAS en apoio de formigón da LMTA EUM-702 (Fene 2), tramo entre derivada a CT Rabadena (expediente 64/95) e CT Sartego (expediente 29.963), condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), e final en cela de liña de CT Sartego (expediente 29.963).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña